Portosín Fiss
Español English Galego
Produtos

Produtos

Tódolos productos están dispoñibles todo o ano. O tamaño de comercialización é o permitido pola lei, realizándose en BOLSAS DE 1 KG ou CAIXAS DE 10, 20 ou 23 KG. Dispoñemos de varios produtos frescos e conxelados. A continuación amosámoslles unha breve descripción dos nosos produtos máis traballados:

  • SARDIÑA - Sardina pilchardus (Walbaum, 1792)

    Peixe de cor azulado, con reflexos verdosos e plateados no ventre. Vive en augas superficiais, onde forma grandes bancos que se aproximan á costa a finais de primaveira e verán.

    Poden chegar a medir ata 25 cm de lonxitude. Chegan á madurez sexual ao final do primeiro ano de vida (13 cm).

    Sardina pilchardus Sardina pilchardus
  • Trachurus trachurus

    XUREL - Trachurus trachurus (Linné, 1758)

    Peixe de corpo alongado, hocico afiado e boca grande (coma os ollos) e inclinada. Teñen branquias transparentes, escamas pequenas e, coma característica máis distintiva, a súa líña lateral, que está formada por escamas moi desenvolvidas con forma de "ese" extendida. A cor dos xurelos varía entre gris, verdoso e azulado no dorso con reflexos metálicos, sendo o costado gris plateado e o ventre branco.

    Ten unha mancha negra detrás da cabeza á altura do ollo. Chegan á madurez sexual ó segundo ano de vida (22 cm) e reprodúcense nos meses de verán. É unha das capturas típicas das flotas galegas de cerco.

  • Scomber scombrus

    XARDA - Scomber scombrus (Linné, 1758)

    Peixe de corpo alongado e de cor verdoso azulado, con líneas verticais negras e un ventre plateado con tonos brancos. Presenta unha especie de aletas (pinnulas) próximas á cola, tanto no dorso coma no ventre.

    Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Chegan á madurez sexual aos dous ou tres anos e reprodúcense nos meses de Maio e Xuño.

  • Scomber japonicus

    CABALÓN - Scomber japonicus (Houttuyn, 1782)

    Peixe de cor verde esmeralda e azul, branco plateado polo ventre. É moi parecido á caballa, a diferencia está nas pintas no dorso en lugar de raias.

    Leva a cabo grandes migracións, alimentándose de pequenos peixes e crustáceos.

  • LURA - Loligo gahi

    Lura patagónica da zoa atlántico suroeste FAO 41.

    Nosa empresa fai unha elaboración deste produto en distintos formatos, tales como: vaina, troceado, pelado ou mariposa. Sendo a presentación do produto en bolsa e granel IQF ou bandexa en bloque.

    Loligo gahi Loligo gahi Loligo gahi
  • POLBO - Octopus vulgaris (Lamarck, 1798)

    Polbo de Marrocos da zoa atlántico centro-leste FAO 34.

    Produto envasado individualmente en distintos formatos, tales como bandexa ou bolsa. O produto envásase limpo sen ollos e boca.

    Octopus vulgaris Octopus vulgaris
Pescados Moncho S.L.